Últimos días para inscribirse no Trail de Orientación Vila de Baiona

O Club Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo e a Concellería de Deportes de Baiona organizan o próximo domingo día 20 de outubro un Trail de Orientación e Andaina con saída desde Chan da Lagoa. Haberá un Trail Longo de 19 quilómetros con 600 metros de desnivel positivo, un Trail Curto de 12 quilómetros con 400 metros de desnivel positivo e unha Andaina de 8 quilómetros con 300 metros de desnivel positivo. A saída do Trail Longo de Orientación será ás 10:00 da mañá e a do Trail Curto e Andaina de Orientación ás 10:15. Os dorsais e a tarxeta de control poderán recollerse desde las 8:30 ata as 9:30 horas.

As inscricións, de 15 euros para Trail Longo ou de 11 euros para o Curto, con licenza FEDO, e de 8 euros con licenza FEDO para a Andaina, estarán abertas ata o mércores 16 de outubro ás 23:50 horas na páxina de Aromon. O prezo inclúe agasallo para todos os participantes, servizo de ambulancia e médico, seguro RC e médico de proba, un avituallamento con auga ou bebida isotónica, bocadillo e caldo á chegada, sorteo de agasallos e duchas. Ao Trail Longo só poderán inscribirse os maiores de idade. O Trail Curto estará aberto a partir de 16 anos, con autorización do pai/nai ou titor. A Andaina está aberta a todas as idades, aos menores con autorización.

Recoméndase levar mochila de hidratación ou bidón de como mínimo 400 cc., ración de alimento enerxético e protección solar e gorra. O compás non é obrigatorio pero si é moi recomendable, e a tarxeta electrónica de cronometraxe si é obrigatoria. A entrega de trofeos está prevista para as 13:00 horas. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos tanto no Trail Longo como no Curto.

Anuncios