Podemos Baiona tamén se opón á despeatonalización de Carabela Pinta

Dende o Círculo Podemos Baiona manifestan o seu descontento coa recente decisión do PSOE de despeatonalizar a Rúa Carabela Pinta, así como eliminar parte das árbores situadas nela. Consideran que esta decisión vai en contra da defensa dun modelo sostible e o medio ambiente.

“Así mesmo, fomenta o emprego do vehículo particular fronte os peóns e os ciclistas, non cumprindo os requisitos na moción de Emerxencia Climática anteriormente presentada e aprobada no pasado pleno do día 25 de setembro, onde o Goberno comprometíase a garantir a redución de gases de efecto invernadoiro e iniciar a adaptación dos municipios á crise climática, entre outras suxestións. Deste xeito, o exposto na Semana Europea de Mobilidade tornaríase un xesto baleiro”, engaden.

O Círculo Podemos Baiona pide ao goberno municipal que rectifique o seu posicionamento, pare a despeatonalización e deixe as árbores no lugar que ocupan actualmente.

Anuncios