A comarca estrea “Val Miñor Espazo Aberto” en Ramallosa

A comarca conta desde onte cunha nova asociación tras levar a cabo a súa presentación formal na antiga estación de tranvía da Ramallosa. “Val Miñor Espazo Aberto” exponse como un movemento destinado á recuperación cultural dos tres municipios que conforman o Val Miñor e conta cun total de 15 membros entre os que destacan Vicente Montejano e Julio Villarino como presidente e secretario, respectivamente, ademais de Ángel Bouza. Entre as súas primeiras actividades previstas están unha exposición itinerante de fotografías antigas da comarca, un certame literario ou un evento teatral.

Anuncios