O Circuíto Galego de Teatro Amador chega a Baiona con catro funcións

O Circuíto Galego de Teatro Amador da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) consiste nunha programación de catro funcións teatrais por sede repartidas por toda Galicia, onde os grupos actuarán fóra do seu círculo xeográfico. Desta forma o circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro. Lohengrín Teatro organiza o circuíto no Concello de Baiona, os días 11, 12 e 13 de outubro, coa colaboración da Concellería de Cultura.

O venres 11 ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario, o grupo ferrolán Max Teatro ofrecerá o seu espectáculo “Rutinas”. O sábado 12 á mesma hora e tamén no Auditorio V Centenario poderase desfrutar coa peza teatral “Opino de que…”a cargo de Achadego Teatro de Lugo. E o domingo haberá sesión dobre nos Xardíns da Casa da Navegación: ás 12:00 do mediodía o grupo de Narón O Aturuxo de Melpómene, presentará un espectáculo musical titulado “Corral Poliafónica”, e ás 18:00 horas, o conta contos musical “A mirada das bolboretas” a cargo do grupo vigués Lohengrín Teatro, co que toda a familia cantará e sorrirá.

2019-10-09 - cartel ciclo

Anuncios