
O alumnado do CEIP Fontes Baíña participou este martes nunha plantación de árbores organizada pola Comunidade de Montes de Baíña, coa colaboración do CEIP de Fontes Baíña e da ANPA.
A actividade consistiu en plantar 100 árbores autóctonas achegadas pola Comunidade de Montes en terreos da súa propiedade: os máis pequenos (infantil, primeiro e segundo de primaria) fixérono no parque xunto ao centro; as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria fixérono en Chan da Lagoa (subiron en bus e regresaron camiñando).
O obxectivo é, por unha banda, que o alumnado siga coñecendo a contorna do centro, e por outra, transmitirlle a importancia do medio rural e inculcarlle os valores ambientais e o respecto polo entorno natural.
Para conmemorar o día da árbore (21 de marzo) contarán tamén con charlas no CEIP.