O Ensino B proclámase en Nigrán campión galego de dupletas mixtas

O polígono de Porto do Molle e o Centro Cultural Bolos da Carrasca acolleu este sábado o XIX Torneo de Petanca Concello de Nigrán – VII Campionato Galego de Dupletas Mixtas, organizado directamente polo consistorio e o CCD Bolos da Carrasca, coa participación de clubs de toda Galicia. En total, disputaron o trofeo 64 equipos, reuníndose máis de 145 xogadores/as. O Ensimo B, formado por Juan Lago Salgueiro e Patricia M. Rúa Santervás, proclamouse campión, e no torneo de consolación, o gañador foi o Carrasca C, integrado por Ramiro Alvez Leal e Beatriz Rouco Santos. No evento, autorizado pola Federación Galega de Petanca, colaborou a Deputación de Pontevedra.