Medalla de prata para o gondomareño Rubén Rodríguez na 2ª tirada da Liga Nacional

Esta fin de semana, o arqueiro de Vincios Rubén Rodríguez, do club Serra de Gondomar, alzouse coa medalla de prata na 2ª tirada da Liga Nacional RFETA de Cadetes, cun segundo posto en Arco Composto. Todo comezaba o sábado nas instalacións deportivas de Puerta del Hierro de Madrid, no round clasificatorio cos seus 649 puntos e unha quinta posición, pasando a oitavos de final. Xa o domingo en cuartos enfrontouse a David Solano, da Federación Andaluza, ao cal venceu 140-125 puntos. En semifinais tocoulle o castelán leonés Martín Alonso, ao que tamén venceu 136-132 puntos. Xa na final, un implacable balear Jaume Lloréns relegouno á segunda posición con 140-131 puntos. Esta segunda posición e unha cuarta obtida o mes pasado na 1ª tirada fai que se coloque terceiro na liga a falta dunha proba, que se disputará o sábado 22 domingo 23 de xuño, e estea ben posicionado para afrontar o Campionato de España a celebrar o 27 e 28 de xullo no campo de rugby de Cantarranas da Universidade Complutense de Madrid.

2019-05-12 - 60351497_2394369900584903_7239749942477062144_o