Suspendido o encontro do Cereixa polo falecemento da muller do seu presidente

O Coperfi Cereixa Gondomar FS tínguese de cor negra. Este venres faleceu a muller do presidente do club e tamén membro do corpo técnico Nacho Troncoso Quintas. Debido á tráxica noticia, o encontro previsto para este sábado 28 de setembro ás 16:30 no Pavillón de Valadares entre o CVC Valladares Global Mar e o Coperfi Cereixa Gondomar FS queda suspendido. Desde o equipo de Vincios transmítenlle o máis sentido pésame a Nacho Troncoso Quintas, filla e familia. Así mesmo, agradecen tanto á Real Federación Galega de Fútbol coma ao club Valadares Futsal por entender as causas e facer posible a suspensión do partido.