Debido á urxencia requirida polo estado actual dos nosos océanos, afectados pola sistemática intervención humana e as súas consecuencias, desde a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) queren facer un chamamento á sociedade para tomar conciencia e medidas sobre a situación actual, a unha escala global-local. Contan con numerosas investigacións mariñas e datos científicos, pensan que é urxente difundir o traballo de moitos profesionais da arte e tecnoloxía para xerar conciencia crítica dos informes, investigacións e estudios de conservación que moitas veces están agochados nunha gabeta.
O obxectivo de tal difusión é potenciar formas avanzadas para protexer e investigar a biodiversidade e a calidade dos océanos, creando sinerxías e fortalecendo unha colaboración multidisciplinar entre organizacións, institucións e público para acadar o máximo éxito na difusión.
Nesta ocasión, ØSA (Oceanic Sound Art), unha nova entidade que explora e crea formas multidisciplinares para abordar os asuntos oceánicos actuais, vén colaborando coa CEMMA, unha entidade sen fins de lucro con case trinta años de experiencia en conservación e monitorización mariña. Ambas entidades promoven sinerxías coa plataforma Ocean Archive, que é unha plataforma dixital creada por TBA21-Academy para arquivar e xuntar o labor das organizacións locais a escala global. A plataforma preséntase este sábado 28 de setembro no Espazo Océano no contexto da Bienal de Venecia.
Colaborando con esta iniciativa única, a CEMMA e ØSA chaman á acción no seu ámbito local, solicitando ao Concello de Nigrán os medios para presentar esta iniciativa no Auditorio de Nigrán, mediante transmisión en directo da presentación de Ocean Archive e o programa de TBA21-Academy Phenomenal Ocean: The Current II. Será este sábado 28 de setembro dende as 15:30 até as 19:00 horas.
“Océano Fenomenal: Actualización II” (Phenomenal Ocean: The Current II) está comisariada por Chus Martinez coas contribucións de Julieta Aranda, Amanda Coulson, DIS, Elena Mazzi, Skye Morét, Francesca Mussi, Katrin Nieder- meier, Ingo Niermann, Tabita Rezaire, Marzia Rover, Teresa Solar, Lena Maria Thüring, Alexander Tarakhovsky, Khadija von Zinnenburg Carroll, y con una contribución especial de Niño de Elche.
Agradecemento especial a Francesca Thyssen-Bornemisza polo seu compromiso coa situación acústica oceánica actual, co seu proxecto «Son demais” e tamén a todo o seu equipo polo impulso de todas as iniciativas da TBA21-Academy como o Ocean Space ou o Ocean Archive, co que dan cabida ás entidades como CEMMA e ØSA.

