Sin categoría

Baiona pon en marcha un proxecto para achegar o xadrez aos escolares

Debido á previsión meteorolóxica adversa, que se prevé para esta fin de semana, a Concellería de Deportes de Baiona determinou suspender a actividade “DE XADREZ” prevista para este sábado, día 28 de setembro, na Praza do Concello, xa que non se podería gozar ao aire libre da mesma tal e como se programou.

A concelleira de Deportes, Miriam Costas, lamentou que “por este motivo téñase que suspender esta actividade”. Así mesmo e como desexa que o proxecto de achegar o xadrez aos nenos se leve a cabo, nas próximas semanas farase chegar aos centros educativos información e unha captación de escolares para comezar a practicar esta actividade os sábados na Biblioteca Municipal.

A edil explicou que o obxectivo principal é achegar este xogo aos nenos da Vila de Baiona, xa que ofrece importantes beneficios intelectuais a quen o practica. Hai estudos científicos e expertos que avalan que a práctica do xadrez trae consigo importantes beneficios para os nenos, xa que exercita e mellora a memoria, a concentración e a creatividade e a lóxica mesmo á hora de resolver problemas, “por iso queremos implantar unha actividade que favoreza o desenvolvemento intelectual, que eleve a autoestima e a acción mental e, desde logo, que conxuntamente proporcione pracer na súa práctica”.