Nigrán instala un redutor de velocidade no paso de peóns fronte a Mercadona

O Concello de Nigrán está a instalar un lombo no paso de peóns da rúa das Pontes e que dá acceso ao supermercado Mercadona de Porto do Molle co obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Trátase dun punto onde xa se rexistraron atropelos de peóns ao ser unha recta na que os vehículos circulan moitas veces a unha velocidade inadecuada, polo que dende o Concello considerouse a necesidade urxente de instalar redutores. A obra está sendo realizada por operarios municipais e estará rematada ao longo da semana.

2019-09-24 - Foto2