Curso de Xestión de Subvencións para asociacións municipais en Baiona

Con motivo da convocatoria, por parte do Concello de Baiona, de subvencións ás asociacións municipais para a realización de actividades culturais e deportivas, a Concellería de Cultura e Deportes, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, organiza un curso de xestión de subvencións para apoiar ás entidades do municipio nos seus trámites coa Administración Electrónica.

O curso ten unha duración de 10 horas, e terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, os días 30 de setembro, 1, 2, 3 e 4 de outubro, en horario de 19:00 a 21:00 horas. O obxectivo é dotar aos participantes de habilidades e competencias para a xestión e tramitación dunha subvención.

As asociacións interesadas, poderán inscribirse no teléfono 986 385 921, cun máximo de dous participantes por asociación.

A Concellería de Cultura e Deportes, informa así mesmo, de que o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións do concello para realizar actividades culturais e deportivas, remata o 10 de outubro.