Baiona programa un roteiro e unha xincana ciclista con motivo da Volta a Galicia

Con motivo da Volta Ciclista a Galicia, que disputará en Baiona dúas etapas os días 19 e 20 de setembro, desde a Concellería de Deportes quixeron sumarse á proposta da Semana Europea da Mobilidade e ofrecen veciños e visitantes dúas actividades relacionadas coa bicicleta para fomentar a práctica deportiva en xeral e de paso fomentar e divulgar a escola de ciclismo, que coa chegada dun novo curso escolar poñen en funcionamento.

O día 19, coincidindo co inicio da Volta Ciclista a Galicia, realizarase unha saída en bicicleta de índole non competitiva e familiar, na que poderán participar todas aquelas persoas maiores de 7 anos que o desexen, sempre contando con casco. A saída estará situada na Entrada do Parador, cun percorrido previsto ata a rotonda da autoestrada en Sabarís e volta ata a rotonda de Baredo. Os ciclistas deberán concentrarse desde as 16:00 horas para iniciar a marcha ás 16:30 horas.

O día 20 celebrarase unha xincana ciclista no Parque da Palma, na que poderán participar maiores de 6 anos coa súa bicicleta e casco. Será desde as 16:30 ata as 18:00 horas.

As inscricións para ambas as dúas actividades poden realizarse no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona, no teléfono 986 356 558 ou no correo deportes@baiona.org.

Anuncios