Regresa a música ás aulas do Conservatorio Municipal de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Fin de curso 2018-2019 do Conservatorio.

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar inaugurou este mércores oficialmente o novo curso, cun acto de presentación que se celebrou no Auditorio Lois Tobío onde os alumnos e alumnas foron recibidos e saudados polo profesorado que lles acompañará ao longo do curso académico.

Este curso académico súmanse 17 novos alumnos e alumnas que inician a súa andaina na carreira da música, e que, xunto aos restantes cursos, suman un total de 65 alumnos que a día de hoxe están a estudar algunha das especialidades que se imparten no Conservatorio Municipal: piano, guitarra, saxofón, clarinete, violín e viola.

Cunha experiencia de 35 anos de historia o Conservatorio Municipal de Gondomar completa a formación académica dos estudantes con clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra.

Anuncios