I Encontro da Mocidade en Gondomar

Isca! Mocidade no Val Miñor organiza este domingo 19 de maio coa colaboración de Galiza Nova e o BNG o I Encontro da Mocidade en Gondomar, que se celebrará no Café Keik a partir das 11:00 da mañá. O evento pretende reunir á xuventude do Val Miñor nun acto público aberto, con faladoiro e concertos. Formación, emprego, artes, ocio, música, transporte, lingua… Disto e máis falarán en sesión vermú, a partir das 11:00, contando coa presenza de TradiSón e AMEVA en concerto ás 12:30.

Anuncios