Nigrán reitera a súa absoluta condena á violencia machista

Nigrán convocou este martes ás 10:00 da mañá unha concentración e minuto de silencio diante do Concello en memoria das víctimas do triplo crime machista de Valga e como sinal de rexeitamento a toda violencia de xénero. Asistiron membros do goberno local e da corporación, traballadores municipais e veciños e veciñas. O Concello de Nigrán expresa o seu pesar por estes terribles asasinatos e reitera a súa absoluta condena á violencia machista.

Anuncios