A Comunidade de Montes de Couso celebra cunha festa o recoñecemento da ONU

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza este sábado 14 de febreiro, a partir das 18:00 horas no Torreiro de San Cristovo, unha festa de celebración polo recoñecemento da xestión dos montes de Couso por parte da ONU. A xornada estará amenizada pola charanga Vai de Baile e o grupo de gaitas Novos Aires de Couso.