Francisco Javier Fernández Davila gaña o XII Premio Victoriano Taibo con “Mover os marcos”

O xurado do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo celebrou este mércores a súa deliberación na sede do Instituto de Estudos Miñoráns, en Gondomar. A obra escollida foi “Mover os marcos” que, unha vez aberta a plica, resultou corresponder á autoría de Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974).

O poemario do vigués foi destacado polo xurado entre as outras dúas obras finalistas, “Parafilias” e “Unha muller pola metade”.

Anuncios