
Con motivo do Día Mundial da Fibrose Quística a Asociación Galega de Fibrose Quística volve organizar este domingo día 8 de setembro unha andaina solidaria dentro do programa Baiverán que realiza todos os anos o Concello de Baiona, o cal colabora con esta asociación por 5º ano consecutivo.
A andaina solidaria a favor da Asociación Galega de Fibrose Quística conta coa colaboración do Club Cornelios. Sairá ás 10:30 desde a Praza do Concello e para participar hai que inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/2NosOm2 ou media hora antes na mesa da asociación. Entre os participantes sortearanse magníficos agasallos doados polos comerciantes da zona ao finalizar a andaina e poderán gozar dunha degustación da rosca doada por Tupana Obrador.