Calidaria organiza un curso de manipulador de alimentos en Baiona

Calidaria organiza este sábado 7 de setembro un novo curso de manipulador de alimentos en Baiona. Desenvolverase no Liceo Marítimo de Baiona, na rúa Laureano Salgado (detrás do Villa Rosa), de 10:00 a 13:00 horas. Nos cursos, de 3 horas, obterase a titulación segundo normativa vixente obrigatoria para traballar en hostalería: cafeterías, bares, restaurantes, etc., e en calquera empresa alimentaria. Inclúe alérxenos. Para máis información e inscricións está dispoñible o teléfono 674 342 397 ou o correo electrónico curso@calidaria.com.