Nigrán únese á celebración do Día Mundial da Saúde Sexual

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Patricia Diego, concelleira de Igualdade.

O Concello de Nigrán únese este mércores 4 de setembro á Asociación Mundial para a Saúde Sexual (WAS) para celebrar o Día Mundial da Saúde Sexual (DMSS), co obxectivo de xerar unha maior conciencia social sobre este tema e incidir en que toda persoa ten dereito a unha educación integral da sexualidade, apropiada á idade, cientificamente correcta, culturalmente competente e baseada nos dereitos humanos, a igualdade de xénero e cun enfoque positivo da sexualidade e o pracer (Declaración dos Dereitos Sexuais. Asociación Mundial para a Saúde Sexual, WAS, 2014).

Este ano nesta xornada se destaca a importancia da educación integral da sexualidade (educación sexual integral) para todas as persoas de todas as idades, grupos sociais e contextos culturais como o enumera o preludio da Declaración dos Dereitos Sexuais da WAS. Neste sentido, o obxectivo é resaltar que todas as persoas de todas as idades sen distinción, exclusión ou restrición por ningún tipo de condición, deben ter acceso á educación integral en sexualidade.

2019-09-04 - 20190903_100127