Sin categoría

O barrio da Xunqueira celebra as festas da Virxe da Luz

O barrio da Xunqueira, na parroquia gondomareña de Borreiros, celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz. O venres 6 de setembro a programación comezará cun percorrido pola parroquia a cargo do Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” de Borreiros. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Aramio.

O sábado 7 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne e procesión acompañada polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” de Borreiros. Ás 18:00 horas haberá animación infantil, e pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Trovadores e o grupo M-3.

O domingo 8 ás 13:00 horas celebrarase unha nova Misa Solemne con procesión acompañada da charanga Nova Cubana, que ofrecerá a continuación un concerto no Torreiro. Ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, e pola noite, o grupo América S.L. amenizará a verbena fin de festa.