A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa informa que xa está aberto o prazo para inscribirse nas distintas actividades previstas para o curso 2019-2020. Actualmente ofrecen pilates, zumba, brazilian jiu jitsu, baile moderno, inglés, francés, piano, reeducación alimentaria, gaita e hipopresivos. As persoas interesadas poden anotarse directamente na Asociación ou chamando ao teléfono 698 17 18 43. Así mesmo, se desexan asistir a unha clase de portas abertas da nova profesora de pilates, poden facelo o 5 de setembro a partir das 20:30 horas.
A Asociación de Veciños A Unión abre o prazo de inscrición para as súas actividades

