Sin categoría

A Escola da Agrupación Musical de Vincios abre o prazo de matrícula

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola de Música da Agrupación Musical de Vincios, con oferta de cursos para nenos a partir de catro anos. Cóntase ademais cun grupo de adultos. As especialidades que se cursan na escola son: clarinete, frauta, oboe, trompeta, trompa, trombón, tuba, saxo, bombardino, percusión, violonchelo, contrabaixo e fagot.

A Escola da Agrupación Musical de Vincios convoca a todos os titores de alumnos interesados en participar nas actividades da súa escola a unha reunión o vindeiro martes, 3 de setembro, ás 20:00 horas na escola de música. Nela darase a data do inicio de curso, calendario do 1º trimestre e tratarase de resolver todo tipo de dúbida relativa ao funcionamento da escola. Tamén están convocados os profesores de instrumento para así poder concretar con eles os horarios.