Zumba no Centro Cultural de Parada

O Centro Cultural e Recreativo de Parada, en Nigrán, inicia a tempada en setembro coa actividade de Zumba, que se desenvolverá os martes e xoves en horario de 18:30 a 19:30 horas. Está dirixida a todas aquelas persoas que queiran facer exercicio de forma divertida. Con novas coreografías para traballar todos os grupos musculares, con diferentes estilos de música e ritmos, para mellorar a coordinación e a bilateralidade, coa condición física, mellorar a resistencia, cardio-respiratoria e eliminar toxinas, depurando o organismo. Deixando de lado a rutina diaria, a monotonía e incrementando a autoestima, ao mesmo tempo que tamén se exercita a memoria. Un programa dunha hora onde se dedicará ao comezo da clase a un quecemento e un estiramento ao final. Desconto para familiares da primeira unidade familiar na actividade. Máis información e inscricións no teléfono 628 98 65 97.