Sin categoría

Concerto de Xardín Desordenado en Baiona

Xardín Desordenado ofrecerá este martes 27 de agosto ás 23:00 horas un concerto na Praza do Concello de Baiona, incluído no programa Baiverán 2019 organizado pola Concellería de Cultura. No ano 2011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios científicos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.

Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elixidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.

O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín Desordenado”, e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” converteron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…