Esta fin de semana realizarase a primeira formación e selección de YouTubers no Val Miñor para unha importante plataforma audiovisual, sen límite de idade e para calquera persoa que teña motivación e ganas de mostrar o seu talento. Farase un servizo de acompañamento en todo o proceso desde o creativo ata o máis técnico para lograr vídeos de calidade. Ao finalizar o obradoiro realizarase un proceso de selección. Os seleccionados contarán coa produción e difusión dos seus proxectos. A tarefa será levada a cabo por publicistas e cineastas profesionais.
O obradoiro será este sábado 24 e domingo 25 de agosto de 16:00 a 20:00 horas no local da Asociación de Veciños “A Unión” de San Pedro da Ramallosa, en Nigrán. O prezo para participar é de 50€, cun 40% de desconto se se acode acompañado ou acompañada. Máis información no teléfono 666 784 701 ou no correo electrónico proyectogondor@gmail.com.

