A residencia Vila do Conde de Gondomar celebra o seu XIV aniversario

A residencia de maiores Vila do Conde de Gondomar celebra o seu XIV aniversario durante os días 22 e 23 de agosto.

Na celebración realizará a súa primeira actuación o coro “Vila do Conde”, o cal está composto por residentes do devandito centro. Ademais, contarán coa presenza da protectora Bai.senpulgas, o grupo Adrede e a Agrupación Musical de Vincios.

O centro residencial conta cun total de 120 residentes e cun persoal de máis de 60 traballadores, formando así un gran centro de referencia de atención ao adulto maior.

Anuncios