“Emoji: la película” pecha o ciclo de “Cine na Rúa” en Gondomar

Gondomar ofrece este domingo 18 de agosto a película “Emoji: la película”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación “Cultura de Verán” organizada pola Concellería de Cultura. A proxección comezará ás 22:00 horas no Parque Ponte das Rosas. Os protagonistas habitan a misteriosa terra de Textopolis, onde todos os emojis favoritos da xente cobran vida, mentres esperan ser seleccionados polo usuario do teléfono. Todos os personaxes teñen unha soa expresión facial fóra de Gen (TJ Miller), un emoji que naceu sen filtro e énchese de múltiples expresións. Para lograr ser normal, Gen embarcarase nunha aventura ou “app-ventura”, xunto aos seus amigos Hi-5 e Jailbreak. Pero pronto, unha gran ameaza fará que o destino destes personaxes dependa dos tres amigos, tendo que salvar o seu mundo antes que sexa borrado por completo.