Baiona asina un contrato con FCC para a limpeza das parroquias e xardíns

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, vén de firmar un contrato con FFC para a limpeza das parroquias e xardíns. “Trátase dun acordo necesario para Baiona e que, durante os catro anos de duración do mesmo, mellorará o servizo que actualmente estase a ofrecer”, destaca o rexedor socialista.

Esta empresa comezará a traballar este luns por Baredo e continuará polo resto das parroquias, sendo o seu obxectivo a limpeza cíclica de todos os camiños e estradas municipais. O alcalde indica que con isto cumprirase unha das súas promesas electorais, que as parroquias recibirán un mantemento durante todo o ano.