Curso de crochet no Centro Cultural Parada do Miñor

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza un curso de crochet (ganchillo), que comezará en setembro e desenvolverase os xoves en horario de 18:30 a 20:30 horas, impartido por Enca Alonso. Os interesados poden obter máis información ou inscribirse no teléfono 628 986 597. Será un curso para todos os niveis, nenos, adolescentes e adultos, tanto para principiantes como para coñecedores da arte do crochet que queiran perfeccionar e avanzar co ganchillo.

O curso trata de dinamizar e que as persoas se relacionen entre si, persoas de distintas idades, e que a medida que comparte este labor, tan importante, que moitas das ocasións realizábase nas casas, e moitas das veces sen compañía, intégrense e pasen un intre ameno, agradable e creativo. Un curso dirixido tanto a mulleres como homes, que xa se van integrando nos labores.

Os participantes poderán realizar e aprender desde os puntos máis básicos a confeccionar pezas de roupa, complementos como gargantillas, colares, pulseiras, moedeiros, bolsos, pendentes, complementos para o fogar e decoración, bonecas, etc.

Anuncios