Inchables, obradoiros e festa da escuma en Baiona

A Concellería de Cultura de Baiona programa para a tarde deste xoves 15 de agosto obradoiros infantís e inchables no Paseo Ribeira. Desde as 17:00 ata as 21:00 horas os máis pequenos poderán gozar das actividades incluídas no programa cultural e de lecer Baiverán 2019. A xornada finalizará cunha Festa da Escuma, prevista para as 20:00 horas.

Anuncios