
O pasado fin de semana celebrouse en Tineo-Asturias o Campionato de España de bolo celta, modalidade por parellas de primeira e segunda categoría. Participaron un total de 24 parellas das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. Excelente a participación galega no campionato de primeira xa que das 8 primeiras posicións ocuparon os 6 primeiros postos. A clasificación final foi a seguinte:
Primeira categoría:
Campións de España: Diego Pérez e Abraham Rodríguez do club bolos Sobreiro de Gondomar.
Subcampións: Jose M. Torres e Roberto Paz do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
Terceiros: Inocencio Valverde e Aníbal Brites do club de bolos Xunqueira de Gondomar.
Cuartos: Jose R. Dios e Santiago Martínez do club de bolos Medialdea de Baiona.
Quintos: Pablo Rodríguez e José Rodríguez do club de bolos Mañufe de Gondomar.
Sextos: Manuel Mo e Vicente Mo do club de bolos Estivada de Baiona.
Sétimos: Jose A. García e David García do club La Panera de Cangas de Narcea.
Oitavos: Gaspar Suárez e Jaime González de IV Los Valles de Tineo.

Segunda categoría:
Participaban 4 parellas galegas conseguindo unha delas o subcampionato. A parella campioa de España a formada por Sergio Álvarez e Sergio González de Villatresmil-Tineo.
A subcampioa a formada por Manuel González e Jose Camesella de Bolos Belesar Urgal de Baiona, quedando en quinto, sexto e oitavo lugar as parellas de bolos Rega (Baiona), bolos Xove (Lugo), e bolos Baredo de Baiona, respectivamente.
Dende a Federación Galega felicitan a todas as parellas galegas participantes e especialmente á parella gañadora.

