Carlos Gómez felicita aos participantes baioneses no Campionato de España de bolo celta

O alcalde do Concello de Baiona, Carlos Gómez, quere felicitar a todos os participantes baioneses no Campionato de España de bolo celta por parellas celebrado en Tineo (Asturias). En especial á parella do Club de Bolos Belesar Urgal, formada por Manuel González e José Camesella, que resultaron subcampións de España de 2ª categoría e á parella do Club de Bolos Medialdea, composta por Jose Ramón Dios e Santiago Martínez, que conseguiron un 4º posto na 1ª categoría.

O rexedor socialista tamén desexa felicitar ao resto das parellas de Baiona clasificadas para participar no torneo nacional, unha parella dos clubs Estivada (Belesar), A Rega (Sabarís) e Baredo Bolos Club e, ademais, aos campións de España de 1ª, os gondomareños Diego Pérez e Abraham Rodríguez, do club O Sobreiro.

Carlos Gómez quere resaltar a importancia que ten este deporte no Concello e na comarca e destacar a visibilidade que dan a Baiona e ás súas parroquias estes éxitos deportivos a nivel nacional.

Anuncios