Xabi Pereiro, duodécima fichaxe do Gondomar CF

O polivalente de 19 anos Xabier Pereiro Martínez, natural de Santiago de Compostela pero afincado en Vigo, convértese na duodécima fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Atlético Fátima, despois recalou no Santiago de Compostela CF. O seu derradeiro ano de Xuvenís fíxoo no Rápido de Bouzas.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei por vir ao Gondomar esta tempada porque é un Club que ten as ideas claras, cun gran plan de futuro, para ascender e xogar ben ao fútbol. O que máis me chama a atención do Club, é o nivel de profesionais que ten para estar en segunda autonómica, tanto polo seu corpo técnico como as súas instalacións, e as ideas que ten a directiva. Iso débese que é un Club de categorías moi superiores. Á afección dicirlle que imos traballar moi duro para devolver ao Gondomar onde debe estar”.

Anuncios