O Baíña Fútbol Sala celebrou este xoves o acto de inauguración da tempada 2019-2020 coa presenza de Daniel Benavides, da Xunta de Galicia, Gorka Gómez, da Deputación de Pontevedra, Borja Arca, da Real Federación Galega de Fútbol, e Miriam Costas e Carlos Gómez, do Concello de Baiona. As autoridades felicitaron ao club baionés polo seu traballo ao longo destes anos e desexaron moita sorte nunha campaña tan chea de retos e ilusionante como a que estes días comeza. A presidenta do club expuxo os valores do Baíña e incidiu no novo equipo feminino e o traballo de todo o grupo humano que fai posible que o Baíña teña unha parte deportiva moi importante pero tamén unha parte social que é a forza do club. Tamén se presentou o novo carné de socio e todas as vantaxes que este carné leva.


