Gondomar suspende a proxección de “Peter Rabbit”

Como consecuencia das malas condicións meteorolóxicas das últimas horas e as previsións previstas para a xornada de hoxe, desde o Concello de Gondomar informan que se suspende a actividade de cine ao aire libre prevista para este venres no Parque Ponte das Rosas, onde estaba programada, no marco das actividades de “Cultura de Verán”, a proxección da película de “Peter Rabbit”.