
A Concellería de Deportes de Baiona, conxuntamente co Club Baloncesto Baiona, organizan este venres 9 e sábado 10 de agosto a XXIV edición do Torneo de Baloncesto 3×3, que se celebrará no Parque da Palma coa participación de 55 equipos, repartidos nas categorías Sub 12 (5), Sub 16 (16), Adultos Masculinos (20), Adultos Femininos (7), Veteranos (5) e Categoría Especial (2), sumando un total de 300 xogadores.
Cada equipo deberá estar composto por un mínimo de 3 xogadores e 1 reserva, e un máximo de 6. Todos os partidos terán un só tempo de 15 minutos na fase de grupos e de 20 minutos na fase de cruces. Finalizará o partido cando finalice o tempo establecido ou cando un equipo chegue a 21 puntos.
O XXIV Torneo de Baloncesto 3×3 comezará o venres ás 15:30 horas coas fases clasificatorias. O sábado desde as 17:00 disputaranse os cuartos de final, semifinais e finais das distintas categorías, ademais do Torneo Especial – Torneo Campuzano ás 19:00 horas. A competición finalizará ás 20:30 horas coa entrega de premios e agasallos conmemorativos.