Anuncios
Ticker de novas

O Val Miñor súmase á recollida de materiais para os refuxiados de Grecia

O Val Miñor súmase á campaña de recollida de materiais para as persoas refuxiadas en Grecia organizada por “Axuda Directa ós Refuxiados en Grecia”. Ata o 13 de febreiro poderá entregarse roupa de abrigo (para nenos e maiores) -cazadoras, térmicas, chuvasqueiros, botas…-, mantas, sacos de durmir, comida para nenos, cueiros, produtos de hixiene, material escolar, alimentos non perecedoiros…

Os puntos de recollida son en Baiona a Mercería Maseda, Cousiñas Baiona, La Micro Baiona, Liceo Marítimo e Viveiro Sabarís. En Gondomar, O Rañolas, Madre Tierra, Libraría Papilio, Veterinaria Pachuchos, Herboristería Bambú e Obradoiro de Lola. En Nigrán, a recollida será en Asante-Sana, Atlántico Frutas Molliños, AVSC A Unión de San Pedro e Tenda Ecolóxica Horta Fresca.

Anuncios