
O Novo Plan de Transporte da Xunta para os próximos 10 anos está agora en período de exposición pública e o prazo para presentar alegacións remata o 22 de agosto.
Ese novo plan reduce aínda máis frecuencias, algunhas paradas (en VIGO: Travesas, rúa Coruña, Praza de España), non comunica Gondomar coa Universidade nin co Meixoeiro, nin dá resposta aos problemas de mobilidade dos veciños.
Para explicalo e formular as alegacións necesarias para melloralo, a Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar convoca Asemblea Aberta para este xoves 8 de agosto, ás oito da tarde no Auditorio Municipal de Gondomar.