O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión ao aquapark de Cerceda

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza o vindeiro sábado 24 de agosto unha excursión ao aquapark de Cerceda na Coruña, con saída ás 9:30 da mañá desde o propio Centro Cultural. O prezo é de 16 euros para os adultos, 14 para os nenos ata 12 anos e 10 para os nenos ata 4 anos. Os non socios deberán abonar 2 euros máis. O prezo inclúe autobús e entrada ao parque. Reservas nos teléfonos 653 684 969 e 629 736 183.

Anuncios