Unha empresa de Porto do Molle lanza a campaña #ZeroAccidentesLaborais con maquinaria móbil

GTG Ingenieros lanza unha campaña para concienciar, informar e sobre todo para mostrar e demostrar a problemática en seguridade que existen cos vehículos móbiles. A empresa de enxeñería e desenvolvemento tecnolóxico especializada en seguridade industrial con sede no polígono empresarial de Porto do Molle iniciou unha campaña denominada #ZeroAccidentesLaborais con maquinaria móbil enfocada a alertar sobre a problemática actual existente na interacción entre maquinaria móbil e operarios.

Desde GTG convídannos a contar e denunciar situacións de risco que ocorren a diario nas zonas loxísticas. Queren mostrar con casos reais que o número de incidencias por este motivo segue aumentando a diario. No ano 2018 houbo 617.488 accidentes laborais con baixa, o que supón un aumento do 3.5% en comparación ás cifras do ano anterior. En 2018 os accidentes con maquinaria móbil supuxeron 43.333 con baixa e 144 foron mortais. Isto supón que dos 572 accidentes mortais que houbo en España máis do 25% foron por choques, atropelos, colisións, movementos inesperados… con maquinaria móbil.

En maquinaria móbil englobamos desde carretillas elevadoras, guindastres, escavadoras, pontes guindastre, apisoadoras… pero no que vehículo industrial máis común e cos que máis accidentes laborais suceden son as carretillas elevadoras. A causa máis común en accidentes con carretillas elevadoras son os atropelos. Por iso hai anos que GTG Ingenieros desenvolveu Sistemas Antiatropelo para previr este tipo de colisións.

A principios do 2019 lanzou a última versión chamada Antiatropelo ATR Pro, un equipo que incorpora a última tecnoloxía en sensores de detección e localización, sendo GTG pioneira en España en lanzar un equipo con este sistema. Logrando así un sistema cun alcance de máis de 40 metros (o máximo noutros equipos similares é de 20 metros) que permite configurar distintas zonas de advertencia, segundo a distancia, con máxima precisión e un tempo de resposta inferior a medio segundo.

En situacións onde o persoal e as máquinas móbiles traballan nun mesmo espazo, os riscos de atropelos son evidentes, pero o uso de tecnoloxía avanzada como a utilizada por GTG Ingenieros co seu equipo Antiatropelo ATR Pro logra reducir estes riscos.

A flexibilidade e poder de adaptación do equipo fai posible a súa aplicación en diferentes funcións de condución, dirección ou sinalización. O sistema garante así os máis altos niveis de seguridade para condutores e peóns en áreas de alto risco como puntos cegos, interseccións de 90º con baixa ou nula visibilidade, pasos de peón, accesos ou saídas perigosas, reducións de velocidade en zonas ou circunstancias delimitadas, entre moitas outras.

ATR Pro é compatible con todas as marcas de carretillas elevadoras e vehículos industriais de pequeno e gran tamaño. Funciona en exteriores ou interiores con alta interferencia, como zonas con influencia electromagnética. Mesmo se adapta para traballar en vehículos de guiado automático (sen condutor).

Anuncios