Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira celebra a segunda edición de Sabarís Gastronómico

FOTO: CASTRO E LADEIRA

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira organiza a 2ª Festa de Produtos Galegos e Artesáns “Sabarís Gastronómico”, que se celebrará o domingo 11 de xuño a partir das 11 da mañá na explanada da rúa Jóse Pereira Troncoso, fronte a rotonda de acceso ao Camping da Ladeira.

Música e Sabores para un domingo exquisito

Haberá diversos postos ofrecendo mariscos, polbo, callos e brochetas, empanadas, chourizos, embutidos ibéricos, hamburguesas ecolóxicas, pizzas, churrasco, postres variados, cafés e chupitos, cervexa artesanal e cantina.

Estará amenizado pola charanga Nova Cubana entre as 13:00 e as 15:30 horas, e despois polo grupo de gaitas “Estrela Destroxira”.

Anuncios