Brais Misa e Noelia Piñeiro, mellores deportistas de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Auditorio Lois Tobío acolleu este sábado a celebración da II Gala do Deporte de Gondomar, á que acudiu como padriño o ex ciclista Álvaro Pino, gañador da Volta a España do 86, e vencedor de varios títulos nacionais como a Subida ao Naranco, Setmana Catalá, Volta a Cataluña ou Escalada a Montjuic.

Con esta cita, un ano máis conducida polo locutor deportivo da Radio Galega Roberto Carlos Carballo, Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor, premiando a deportistas e entidades que participan activamente no sector do ámbito local, con preto de 70 galardóns.

Así pois, os gañadores entre os nomeados nas nove categorías desta segunda edición foron Brais Misa García e Noelia Piñeiro Pérez, como mellores deportistas masculino e feminino; a XVI Carreira Popular Memorial Manuel Barros como mellor evento deportivo; o CPA Gondomar como mellor club; Agua Sana como mellor patrocinador; Xosé Alonso Cruz e Blanca Alonso Fernández como mellores deportistas revelación masculino e feminino; e o galardón á traxectoria deportiva recaeu en Vanessa Veiga Comesaña.

Ademais, entregáronse recoñecementos especiais para premiar a traxectoria de persoas e colectivos que traballaron e traballan polo ben da vila. Nesta segunda Gala do Deporte foron para Protección Civil, a Concentración Moteira “A Cento Cien” e aos dous pequenos deportistas José Manuel González Pérez e Laura Míguez Vila. Tamén se galardoou a título póstumo a Manuel Hermida Losada “Hermidita”.

A cerimonia comezou pasadas as 20:00 horas e contou coa actuación do Club Flic Flac. A celebración estendeuse ao longo de máis de dúas horas de maneira amena e dinámica, cunha posta en escena apoiada en pantalla, canón de proxección de vídeo e un gran despregamento de iluminación e son. Desta maneira, a Gala do Deporte de Gondomar consolídase como unha cita anual.

Os premiados nesta segunda Gala do Deporte están divididos por categoría:

– Baloncesto: Víctor Villadóniga Santos y Bernabé Costas de Miranda.

– Atletismo: Nerea Perelló González, Yeray Gómez Villar, Zekarias Fernández-Arroyo y Elena Costas Martín.

– Ximnasia acrobática: Blanca Alonso Fernández.

– Automovilismo: Hugo González Lameiro, Alberto Meira, Esteban Pérez Iglesias y Ezequiel Salgueiro Simoes.

– Rugby: Anxo Crusat Mirás.

– Axedrez: Artai Bringas Gómez y Ana Fernández Carneiro.

– Duatlón-Triatlón: Brais Misa García.

– Tiro con arco: Rubén Rodriguez Alleres y Sergio Alonso Peitieiros.

– Patinaxe: Joel Ribeiro Díaz, Xose Alonso Cruz e Iria Boullosa Zarrauiños.

– Canicross- bikejoring: Noelia Piñeiro Pérez.

– Bolos: Jose Manuel Torres Nicolao, Alberto González Bouzada y Jose Rodríguez Domínguez.

– Tenis: Alejandra Vázquez Pérez y Claudia San Juan Ares.

– Tenis de mesa: Simón Casal González, Luisa Pintos Barreiro, Celia da Conceiçao Vaz Jesús y Martín Pintos Barreiro.

– Fútbol: Alejandro Gómez Pérez, Pablo Llamazares Hermida, Ana Román González e Ildara Pérez Cameselle.

– Ciclismo-BTT: Ismael Salgueiro Troncoso.

Nomeados nas nove categorías:

– Mellor evento deportivo: I Enduro Serra Galiñeiro, XVI Carreira Popular Memorial Barros, e a V Carreira Master Concello de Gondomar.

– Mellor club deportivo: Club de Tenis de Gondomar, a Sociedade Atlética Val Miñor e o Club de Patinaxe Gondomar.

– Mellor patrocinador de eventos: Agua Sana, Rosquillas Cristaleiro e Rodosa.

– Traxectoria deportiva: Marta Fernández Otero, Vanessa Veiga Comesaña e Enrique Eduardo Fernández Rodríguez.

– Mellor deportista revelación masculino: Simón Casal González, Víctor Villadóniga Santos e Xosé Alonso Cruz.

– Mellor deportista revelación feminino: Nerea Perelló González, Blanca Alonso Fernández e Luisa Pintos Barreiro.

– Mellor deportista masculino: Jose Manuel Torres Nicolao, Brais Misa García e Bernabé Costas de Miranda,

– Mellor deportista feminina: Ildara Pérez Cameselle, Noelia Piñeiro Pérez e Paula Vilar Palma.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.