Sin categoría

Baiona continúa coas visitas guiadas polo tramo do Camiño Portugués da Costa

Unha nova edición do roteiro “ Xoves non Camiño” terá lugar mañá xoves ás 10:00 horas con saída desde a Oficina de Turismo. O percorrido, acompañado por unha guía que explicará os recursos monumentais existentes e a súa relación coa devoción xacobea, continuará pola Praza de Santa Liberata ata a praza de Vitoria Cadaval (Sabarís) seguindo o trazado orixinal do roteiro de peregrinación a Compostela. A visita terminará na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa. Este roteiro repetirase o día 15 e o 29 de agosto.

Ademais, o sábado ás 11:00 horas, continuarán as visitas guiadas polo Centro histórico de Baiona que se repetirán todos os mércores e sábados durante o mes de agosto. Os interesados en participar en ambas poderán inscribirse na Oficina de Turismo no teléfono: 986 687 067. Estas visitas, que se realizarán durante o mes de agosto, únense ás xa realizadas en xullo por estes percorridos e ás que organizou Turismo de Baiona, en colaboración co Obradoiro Valmiemprega III, que se centraron na posta en valor da Baiona mariñeira e dos recursos históricos e paisaxísticos do Paseo Monte Boi.