Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Multideporte e Animación que este verán organiza o Panxón Nigrán FS e o Concello de Nigrán, e que se realizará no Pavillón Municipal de Panxón. Os participantes poderán practicar balonmán, baloncesto, rugby, fútbol sala, judo, voley praia, etc., dunha forma especial e divertida. O campus desenvolverase do 5 ao 9 de agosto, de 9:00 a 14:00 horas, para nenos/as de 2003 a 2015 (grupos por idades), en varias das instalacións do Pavillón Municipal, na súa contorna e nas praias de Nigrán.
As inscricións deben realizarse na oficina de atención ao cidadán do Concello de Nigrán, ata o 2 de agosto, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, teléfono 986 365 000 ou correo electrónico cultura@nigran.org. O importe do campus é de 45€ (35€ a partir do 2º irmán/a) para os socios do Panxón Nigrán FS, e de 60€ (50€ a partir do 2º irmán/a) para non asociados, incluíndo camiseta, merenda e seguro.
Para máis información hai que contactar con Ramón Pérez no teléfono 654 16 88 76 ou enviar un correo electrónico a panxonnigranfs@gmail.com. Para formalizar a inscrición hai que entregar no Concello a folla de inscrición cumprimentada (debe recollerse no Concello), fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a, fotocopia do DNI do neno/a ou libro de familia e xustificante bancario do ingreso, ou transferencia, na conta correspondente ao campus: CaixaBank ES40 2100 4790 4102 0016 9369 (oficina Nigrán).

