Praia América tamén silencia as súas festas polas persoas autistas e epilépticas

A Comisión de Festas de Praia América decidiu que as festas da Virxe do Carme sexan, este ano, un pouco máis inclusivas. As luces e a música das atraccións permanecerán apagadas este sábado desde as 18:00 ata as 21:00 horas para que as persoas con TEA poidan tamén gozar da diversión e sumarse á festa. Moitas persoas con TEA teñen hipersensiblidade aos ruídos fortes e as luces e este tipo de actuacións promove a accesibilidade e a inclusión deste colectivo. O Concello de Gondomar puxo en marcha esta medida durante as pasadas festas de San Bieito.