Inchables, obradoiros infantís e concerto da Agrupación Musical de Belesar en Baiona

Este venres 26 de xullo continúa a programación Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Desde as 17:00 ata as 21:00 horas haberá inchables e obradoiros infantís no Paseo Ribeira, e pola noite, a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá o seu Concerto de Verán, a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.