Concerto de Rubén de Lis en Gondomar

O gondomareño Rubén de Lis presenta este mércores 24 de xullo en Gondomar o seu espectáculo “All in One”. O concerto, incluído na programación “Cultura de Verán” organizada pola Concellería de Cultura, comezará ás 22:30 horas na Praza Paradela.