Completa xornada en augas da Ría de Baiona tras a que o Trofeo Loterías y Apuestas del Estado – Campionato de España de Cruceiros, queda listo para o asalto final. O novo Campión de España decidirase entre as tripulacións do Macaco (Javier Padrón/Canarias), Tanit IV Medilevel (Ignacio Campos/Comunidade Valenciana), Seabery Dralion (Ignacio Zaldive/Andalucía), Peneque Pro (Raúl de Valenzuela/Andalucía), Vorquete (Claudio Jesús Montalbán/Castela A Mancha) e Maverta Defcon Seguridad (José Ballester/Comunidade Valenciana).
O vento mantívose durante toda a xornada entre os 6 e 7 nós, con refachos de algo máis de intensidade cuxo aproveitamento foi hoxe a clave do éxito.
Tras a disputa das tres regatas pendentes de onte para o grupo 3, o Campionato entraba nunha nova fase cuxos grupos quedaban conformados polos clasificados nos postos 1 e 2 de cada grupo para o primeiro, os 3 e 4 para o segundo, e os 5 e 6 para o terceiro. Así, a Fase B daba comezo con frotas que se mostraron moito máis compactas e igualadas, navegando maioritariamente en bloque, con pasos de boia comprometidos e pelexando cada metro do percorrido.
Dúas regatas celebradas para cada grupo desvelaron os nomes das tripulacións que mañá se baterán para decidir ao novo Campión de España de Cruceiros, unha pelexa na que non tomará parte a tripulación do asturiano Bullbox, de Sebastiano Napoli, actual detentor do título. O equipo do CN Marina de Avilés quedaba fóra da contenda final tras decidirse o empate co andaluz Peneque Pro a favor destes polo seu mellor resultado na última proba.
Xunto ás regatas curtas que imprimen ritmo á competición, no formato deste Trofeo Loterías destaca o feito de que o inicio de cada Fase realízase con marcadores en branco, co que calquera equipo tivo a oportunidade de promocionarse para chegar á Final no Grupo Ouro.
Igualmente, mañá o campionato volve facer tabula rasa, achegando máxima emoción á última xornada con igualdade de oportunidades en cada Grupo. Para amornar os nervios e acougar as adversidades, todos os participantes gozarán esta noite da cea ofrecida polo Monte Real Club de Yates, momento de facer gala da camaradería entre tripulantes e tripulacións.
| Clasificación Fase B | |
| Grupo 1 | |
| 1.- Canarias – Macaco – Javier Padrón | Grupo 1 FINAL |
| 2.- C. Valenciana – Tanit IV Medilevel – Ignacio Campos | Grupo 1 FINAL |
| 3.- C. Valenciana – Maverta Defcon Seguridad/ – José Ballester | Grupo 1 FINAL |
| 4.- Castilla La Mancha – Vorquete – Claudio J. Montalbán | Grupo 1 FINAL |
| 5.- Asturias – Taxus Medio Ambiente – José Rábano | Grupo 2 FINAL |
| 6.- Canarias – Maeña 9 – Andrés Monje | Grupo 2 FINAL |
| Grupo 2 | |
| 1.- Andalucía – Seabery Dralion – Ignacio Zalvide | Grupo 1 FINAL |
| 2.- Andalucía – Peneque Pro/ – Raúl de Valenzuela | Grupo 1 FINAL |
| 3.- Asturias – Bullbox -Sebastiano Napoli | Grupo 2 FINAL |
| 4.- Región de Murcia – Nemox BNFIX – José Fco. Romero | Grupo 2 FINAL |
| 5.- Galicia – Adegas Terrae – Vicente Cid | Grupo 3 FINAL |
| 6.- Galicia – Elekomambo – Carlos Sampedro | Grupo 3 FINAL |
| Grupo 3 | |
| 1.- Cantabria – Aizen – Gustavo Arce | Grupo 2 FINAL |
| 2.- Baleares – Lampo Rosso 6 – Joan Jofre | Grupo 2 FINAL |
| 3.- Baleares – Tres Mares – Juan Francisco Escandell | Grupo 3 FINAL |
| 4.- Euskadi – Thelonious/ – Jon Garai | Grupo 3 FINAL |
| 5.- Melilla – Olivita – Luís Gregorio Cobreros | Grupo 3 FINAL |

